STSJ Galicia 578/2017, 20 de Diciembre de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:8557
Número de Recurso15120/2017
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución578/2017
Fecha de Resolución20 de Diciembre de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00578/2017

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2017 0000387

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015120 /2017 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Silvio

ABOGADO MARTIN SERANTES ALVAREZ

PROCURADOR D./Dª. ANTONIO PARDO FABEIRO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A Coruña, vinte de decembro dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15120/2017, presentado por Dº Silvio, representado polo procurador Sr.Pardo Fabeiro, dirixido polo letrado Dº. Serantes Álvarez, contra o acordo de 30.12.2016 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3.371,23 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo do TEAR de 30.12.2016 que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación IVE anos 2008- 09-10 por importe de 3.371,23 euros: venda ocultas de peixe e gastos non admitidos.

Segundo resulta do expediente o 28.06.2012 comunicación do inicio de actuacións inspectoras - parciais- do IRPF e IVE anos 2007 a 2010 ) ( operación coa Cooperativa del Mar san Miguel); ampliación o 15.04.2013: alcance xeral. Oito dilixencias e trámite de audiencia previo á proposta de resolución de 11.06.20123. Acta de non conformidade núm. NUM000 asinada o 02.07.2013. Intento de notificación o 30.07 na Avd. DIRECCION000 - NUM001 -cambados e o 31.07 na Avd. DIRECCION000 - NUM002 e o 29.08.2013 na sede electrónica da AEAT.

Acordo de rectificación de erros - notificado o 01.10.2013. Recurso de reposición de 14.10.2013 que lle rexeitan. Notificación de 12.11.2013. Reclamación ante o TEAR e acordo do TEAR de 30.07.2015 (notificado o 14.10.2015) con retroacción de actuacións e acordo de liquidación que lle notifican o 28.01.2016.

SEGUNDO

O recorrente alega: a) prescrición da acción para liquidar por infraccion do artigo 150 LXT : actuacións inspectoras que excederon o prazo dos 12 meses. Segundo alega e resulta das actuacións o procedemento de inspección iniciouse o 28.06.2012 e remata o 01.10.2013 cando lle notifican a liquidación rectificada.

A administración - AEAT-TEAR e letrado do Estado- consideran que o procedemento rematou co intento de notificación de 30.07.2013 o que, sumando as dilacións imputables ó contribuinte, levaría a que se respetou o prazo dos 12 meses.

Os arts. 154 e ss. da LGT regulan a terminación das actuacións inspectoras. A LGT (RCL 2003, 2945) dá a entender, con todo, que a terminación culmina coa expedición dunha acta na que se recolle os resultados da inspección.

Esta afirmación é matizable xa que o que verdadeiramente finaliza o procedemento é a notificación da liquidación resultante da inspección. Este matiz ten importantes consecuencias. Especialmente en relación coa prescrición da actividade inspectora (vide. entre outras, as SAN do 8 de febreiro [JT 2000, 272] e do 13 de xullo 2000 [JT 2000, 1897] e a STSJ Madrid do 20 de xuño 2001 [JT 2002, 244] ). Deste xeito, a proposta de regularización contida no acta (e a liquidación que comporta en ocasións) é un concepto distinto ao de débeda tributaria ( SAN do 30 de novembro 2000 [JT 2001, 408] ).

Afirma a STSJ de Madrid do 18 de xullo de 2007 (JT 2007, 1335), referíndose ao cómputo do prazo da notificación dunha liquidación derivada dun procedemento de inspección, que a finalización do prazo máximo de duración das actuacións inspectoras de doce meses ha de fixarse, a efectos da eficacia do acordo de liquidación, na data da súa notificación, con independencia de que o acto resulte válido desde a data na que fose ditado.

A controversia no caso presente derívase do feito de que existen duas liquidacións ( ou unha complementada ) a de 29.07.2013 - notificada o 30.07- e a de 25.09.2013 ( rectificación de erros ) notificada o 02.10.2013, sendo o caso de que se estimarmos que é a 2ª á que remata o procedemento a acción para liquidar estaría prescrita.

Partirmos de que coma indica o art. 157 da LGT o procedemento de inspección pode finalizar cun acta de desconformidade . Unha vez concedido o trámite de audiencia ao interesado para que alegue o que conveña ao seu dereito pode suceder que non subscriba o acta ou manifeste a súa desconformidade coa proposta

de regularización que formule a inspección dos tributos. Esta circunstancia farase constar expresamente no acta, á que se acompañará un informe do actuario no que se desenvolvan os fundamentos de dereito en que se basee a proposta de regularización.

A LGT (RCL 2003, 2945) mantén o prazo de quince días desde a data en que se estendeu o acta ou desde a notificación da mesma, o obrigado tributario, para formular alegacións ante o órgano competente para liquidar. Este, á súa vez, e antes de ditar o acto de liquidación, poderá acordar a práctica de actuacións complementarias nos termos que se establezan regulamentariamente. Por último, unha vez recibidas as alegacións, o órgano competente ditará a liquidación que proceda, debidamente motivada e que será notificada ao interesado.

A inspección, ten a obrigación de poñer de manifesto ao contribuínte toda a documentación que figure no expediente que vaia a ser tida en conta na proposta de regularización contida no acta, permitindo ao mesmo que formule as alegacións que estime oportunas e presente os documentos ou xustificantes que considere pertinentes.

Do dito resulta que a regularidade do procedemento esixe que, non só se lle conceda o trámite de audiencia con respeto do prazo dos 15 días, senón que a administración, logo, proceda a darlle contestación motivando, en consencuencia, a liquidación.

Falarmos dunha esixencia de procedemento e a importancia da canle formal de actuación administrativa é dobre, xa que dunha parte obedece á necesidade de lograr a eficacia da actuación administrativa, e doutra á procedencia, típica do Estado de Dereito, de proporcionar a garantía adecuada aos dereitos dos administrados; co cal o procedemento administrativo non é só unha esixencia legal, senón tamén Constitucional de onde deriva o carácter de orde pública das normas reguladoras do devandito procedemento ( STSJ de Madrid, Sala do contencioso-administrativo 4ª 24-01-97 ).

Resulta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • STSJ Galicia 334/2021, 20 de Septiembre de 2021
    • España
    • 20 Septiembre 2021
    ...de orden superior, esta Sala, en sentencias de 20 de diciembre de 2017 -Recursos 15119/2017 y 15120/17- ECLI:ES:TSJGAL:2017:8522 y ECLI:ES:TSJGAL:2017:8557; 5 de noviembre de 2018 ECLI:ES:TSJGAL:2018:5126 - Recurso: 15467/2017-, o en la más reciente de 1 de febrero de 2019 ECLI:ES:TSJGAL:20......
  • STSJ Galicia 600/2022, 28 de Noviembre de 2022
    • España
    • 28 Noviembre 2022
    ...15331/2020) se citan sentencias anteriores de 20 de diciembre de 2017 -Recursos 15119/2017 y 15120/17- ECLI:ES:TSJGAL:2017:8522 y ECLI:ES:TSJGAL:2017:8557; y 5 de noviembre de 2018 ECLI:ES:TSJGAL:2018:5126 - Recurso: 15467/2017-, o la más reciente de 1 de febrero de 2019 ECLI:ES:TSJGAL:2019......
  • STSJ Galicia 618/2022, 2 de Diciembre de 2022
    • España
    • 2 Diciembre 2022
    ...15331/2020) se citan sentencias anteriores de 20 de diciembre de 2017 -Recursos 15119/2017 y 15120/17- ECLI:ES:TSJGAL:2017:8522 y ECLI:ES:TSJGAL:2017:8557; y 5 de noviembre de 2018 ECLI:ES:TSJGAL:2018:5126 - Recurso: 15467/2017-, o la más reciente de 1 de febrero de 2019 ECLI:ES:TSJGAL:2019......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR