STSJ Galicia 370/2017, 14 de Julio de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:5364
Número de Recurso15652/2016
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución370/2017
Fecha de Resolución14 de Julio de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00370/2017

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2016 0001604

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015652 /2016

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. ARIAS NADELA COCINA Y BAÑO SA

ABOGADO PABLO GALLEGO MANZANO

PROCURADOR D./Dª. DOMINGO RODRIGUEZ SIABA

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, catorce de xullo de dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15652 /2016, presentado por ARIAS NADELA COCINA Y BAÑO SA, representado polo procurador Sr.Rodríguez Siaba, dirixido polo letrado Dº.Gallego Manzano, contra o acordo de 22.09.2016 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 11.394,40 + 12.533,84 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordó de 22.09.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación e sanción IRPF ano 2010: non lle admiten coma gasto deducible o que reflicte a factura xirada por Dº Carlos Francisco (71.217 euros mailos 11.394 euros de IVE).

O emisor da factura carece de persoal asalariado, con compras pequeñas que non gardan relación coa facturación e no ten facturas de adquisición de material.

O encargo foi verbal, sen presuposto previo e sen licenza de obras ( a recorrente sostén que eran obras de mantemento da instalacións ) sen que a recorrente achegara material ou persoal na execución das obras.

O obxecto facturado: obras de mantemento ano 2009 ( limpeza e reparación de cuberta, canalóns e baixantes, reparación de estanterías, de portalóns e dos expositores ), sendo a factura de abril de 2010 e o pagamento en maio de 2010.

O Sr. Carlos Francisco declarou ante a inspección: a) o traballo non precisaba case de material, b) tiña traballadores portugüeses os que pagaba en efectivo, sen seguro e sen facturas, c) os escombros os retiraba co seu camión e d) a empresa contratante era consciente da situación.

SEGUNDO

O recorrente opón: a) está acreditada a realización dos traballos, b) o acordo sancionador dirixido contra o Sr. Carlos Francisco pola emisión de facturas falsas anulouno o TEART, e c) motivación insuficiente e proba de presuncións.

Verbo da cuestión B; a anulación do procedemento sancionador dirixido contra o Sr. Carlos Francisco o foi coma consecuencia dunha cuestión procedimental e non por ausencia de feito punible. A AEAT tras un procedemento de comprobación censal sancionou ó Sr. Carlos Francisco e dito actuar non foi admitido polo TEAC nin polos Tribunais, xa que o procedemento de verificación de datos era manifiestamente improcedente. Verbo da relevancia de dito incumprimento e da posibilidade de utilizala documentación obtida nun novo procedemento pronúnicase o TEAC, en resolución que cita o propio letrado do Estado.

Así a Resolución do TEAC 05.07.2016: Respecto dos efectos ou consecuencias derivados da utilización indebida do procedemento de verificación de datos, ben nulidade radical ou de pleno dereito, ben mera anulabilidad, tamén este Tribunal Central pronunciouse en diversas ocasións. Poden citarse a resolución do 21 de maio de 2015 (RG 1922/2012) e a resolución do 17 de marzo de 2016 (RG 1819/2013). Na primeira delas, tras invocar os artigos 62 e 63 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o artigo 217 da LGT e a xurisprudencia do Tribunal Supremo, razóase que:

Todo iso lévanos a analizar se no presente caso o procedemento de verificación de datos seguido pola Administración era evidentemente improcedente, de forma que poida concluírse que a actuación administrativa incorre con iso nun evidente carácter ilícito ou se, en cambio, a consideración de inadecuación do procedemento de verificación de datos deriva dunha mera diverxencia de interpretación coa que efectúa o acto impugnado, dentro tamén duns parámetros de razonabilidad.

Para poder invocarse a causa de nulidade é necesario que a infracción cometida polo acto administrativo que se impugne deba ser clara, manifesta e ostensible, entendéndose por tales aqueles casos aos que se aludiu anteriormente (ausencia total do procedemento, seguir cun procedemento distinto, ou prescindir dos trámites esenciais). Hai que entender que do feito de prescindir totalmente do procedemento legalmente establecido non cabe deducir calquera tipo de procedemento, senón do concreto procedemento establecido para o xénero de actuación administrativa que se trate, poñendo así tamén a infracción en relación cos fins administrativos que

esixe o procedemento adecuado, de maneira que o grao de desviación con este fin, que vén recollido na propia norma reguladora do procedemento, debe servirnos tamén de parámetro cando se decide a natureza do vicio cometido.

E, concretamente, este Tribunal Central pronunciouse declarando a nulidade de pleno dereito naqueles casos nos que existiu un incumprimento frontal, evidente e manifesto das normas reguladoras dos procedementos de aplicación dos tributos, o que sucede cando se inicia un procedemento de verificación de datos respecto de materias reservadas pola lei de maneira clara e terminante a outros procedementos, como son a comprobación de actividades económicas ou a realización de comprobación de valores.

Así, por exemplo, na propia resolución citada, RG 1922/2012, tras constatarse que o procedemento de verificación de datos era inadecuado conclúese coa súa nulidade de pleno dereito porque a Administración ab initio, desde o mesmo inicio do procedemento, estaba a requirir do obrigado tributario a aclaración ou xustificación de se desenvolvía, ou non, unha actividade económica. Di a resolución::

(??.) Como se expuxo anteriormente, analizando as circunstancias que concorren no presente caso, non era viable nin sequera desde o principio iniciar un procedemento de verificación de datos, sempre que a Administración ab initio, a través do procedemento que iniciaba, estaba a requirir a aclaración ou xustificación do desenvolvemento, ou non, de actividades económicas do obrigado tributario, o que lle está vedado ao órgano...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STSJ Galicia 421/2017, 4 de Octubre de 2017
    • España
    • 4 Octubre 2017
    ...precedente de esta Sala en relación con la liquidación y sanción en concepto de Impuesto sobre el Valor Añadido. En nuestra sentencia de 14/7/17 (recurso 15652/16 ) hemos señalado lo O acto que se recorre é o acordó de 22.09.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa co......
  • STSJ Galicia 559/2017, 20 de Diciembre de 2017
    • España
    • 20 Diciembre 2017
    ...entre otros, en el recurso 15651/16, sentencia de 4 de octubre del presente año, nos referíamos a lo siguiente: nuestra sentencia de 14/7/17 (recurso 15652/16 ) hemos señalado lo O acto que se recorre é o acordó de 22.09.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR