STSJ Galicia 460/2017, 25 de Octubre de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:6846
Número de Recurso15592/2016
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución460/2017
Fecha de Resolución25 de Octubre de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00460/2017

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2016 0001488

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015592 /2016 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Enma

ABOGADO JACOB DEL RIO VIÑAS

PROCURADOR D./Dª. JOSE LUIS GONZALEZ MARTIN

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO LETRADO DE LA COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e cinco de outubro dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15592/2016, presentado por Dª Enma, representado polo procurador Sr. González Martín, dirixido polo letrado Dº.Del Rio Viñas, contra o acordo de 14.07.2016 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 12.141,33 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 14.07.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sucesións derivada da taxación pericial contraditoria e contra o acordo de 20.12.2016 que non admite o recurso de anulación.

SEGUNDO

O recorrente denuncia la falta de congruencia da resolución do TEAR xa que non da resposta á pretensión formulada de FALTA DE MOTIVACIÓN da avaliación realizada polo terceiro perito; tamén sostén que debe anularse dita valoración ó incorrer en erros e en defectos de motivación.

Os letrados da administración opoñense ó recurso.

Verbo da 1ª cuestión: falta de congruencia.

Como indica a STS 16.10.1992 : A congruencia entre os motivos do recurso administrativo e a resolución recaída cúmprese cando a Administración resolve sobre o fondo da pretensión administrativa. Esta Sala vén declarando [SS. 23-2-1984 (RJ 1984\1090 ), 18-2-1985 ( RJ 1985\1174), 12-21986 (RJ 1986\507), 25-6-1987 ( RJ 1987\4928) e 9-3-1992 ] respecto da congruencia das decisións xudiciais cos pedimentos da demanda que as resolucións que desestiman os recursos nas que se manteñen as resolucións recorridas non deixan de resolver algunha das cuestións expostas e que non pode predicarse entón que existe incongruencia en máis ou menos, nin noutra cousa distinta á solicitada. Esta xurisprudencia é de aplicación na vía contenciosoadministrativa respecto das resolucións administrativas que -como as que son obxecto do presente litixiopronúncianse sobre a única pretensión deducida,..

A de 29.11.1999 recolle: a congruencia esixe do Tribunal que este non soamente pronúnciese sobre a pretensións, senón que require unha análise dos diversos motivos de impugnación e das correlativas excepcións ou oposición que se expuxeron ante o órgano xurisdicional. Non así sucede cos argumentos xurídicos, que non integran a pretensión nin constitúen en rigor cuestiones, senón o discorrer lóxico-xurídico do razoamento das partes, que o Tribunal non vén imperativamente obrigado a seguir nun iter paralelo a aquel discurso.

Aplicarmos estas consideracións ó caso de autos e temos que o TEAR da debida resposta ás cuestións suscitadas no recurso, explicando porque non pode entrar a avalialo contido do informe do terceiro perito nin os criterios técnicos utilizados, polo que, se ben é certo que non responde á alegación de defectos de motivación o fai pola razón dita, sen que dita explicación provoque indefensión ó recorrente, quen ante a liquidación xirada opta pola solicitude da TAXACIÓN PERICIAL CONTRADITORIA e non por impugnar directamente a liquidación, onde podería por en cuestión a motivación do informe do técnico da administración.

O dito obriga a rexeitalo recurso.

TERCEIRO

Para resolvela segunda cuestión compre facer unha curta referencia á natureza do procedemento de taxación pericial contraditoria.

A taxación pericial contraditoria é o mecanismo regulado polo art. 135 da LGT [cuxo apartado 1 foi modificado polo art. Único.25 da Lei 34/2015, do 21 de setembro] destinado á corrección dos medios de comprobación fiscal de valores sinalados no artigo 57 da LGT, dentro do prazo do primeiro recurso ou reclamación que proceda contra a liquidación efectuada de acordo cos valores comprobados administrativamente ou, cando a normativa tributaria así o prevexa, contra o acto de comprobación de valores debidamente notificado.

Segundo a STS do 22 de abril de 2010 (RJ 2010, 4706), Recurso de Casación núm. 11002/2004 a taxación pericial...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
14 sentencias
  • STSJ Galicia 36/2020, 23 de Enero de 2020
    • España
    • 23 Enero 2020
    ...lo siguiente: "Sobre la naturaleza del procedimiento de tasación pericial contradictoria hemos dicho en la reciente sentencia de 25 de octubre de 2017 (recurso 15592/2016 ) modif‌icando el criterio seguido anteriormente por este Tribunal: " A taxación pericial contraditoria é o mecanismo re......
  • STSJ Galicia 413/2020, 13 de Octubre de 2020
    • España
    • 13 Octubre 2020
    ...de lo dispuesto en los Art. 47 y 48 de la Ley 39/2015" (sic en la demanda) cumple decir que recientemente, en nuestra sentencia de 25 de octubre de 2017 (recurso 15592/2016) analizamos la naturaleza del procedimiento de tasación pericial contradictoria en los siguientes términos modificando......
  • STSJ Galicia 205/2021, 15 de Abril de 2021
    • España
    • 15 Abril 2021
    ...lo siguiente: "Sobre la naturaleza del procedimiento de tasación pericial contradictoria hemos dicho en la reciente sentencia de 25 de octubre de 2017 (recurso 15592/2016 ) modificando el criterio seguido anteriormente por este Tribunal: " A taxación pericial contraditoria é o mecanismo reg......
  • STSJ Galicia 127/2020, 3 de Marzo de 2020
    • España
    • 3 Marzo 2020
    ...en cuanto a la posibilidad de apreciar la falta de motivación del informe del tercer perito. Así en la reciente sentencia de 25 de octubre de 2017 (recurso 15592/2016 ) modificando el criterio seguido anteriormente por este Tribunal: "A taxación pericial contraditoria é o mecanismo regulado......
  • Solicita tu prueba para ver los resultados completos

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR