STSJ Galicia 446/2017, 11 de Octubre de 2017

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2017:6229
Número de Recurso15672/2016
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución446/2017
Fecha de Resolución11 de Octubre de 2017
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00446/2017

- Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2016 0001628

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015672 /2016 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Purificacion

ABOGADO ISAAC JAVIER LEMUS CIBRAN

PROCURADOR D./Dª. GABRIEL ARAMBILLET PALACIO

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de outubro dous mil dezasete.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15672/2016, presentado por Dª Purificacion, representado polo procurador Sr. Arambiellet Palacio, dirixido polo letrado Dº.Lemus Cibran, contra o acordo de 15.09.2016do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordó do 15.09.2016 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a denegación da solicitude de rectificación da autoliquidación do IRPF ano 2013: pensión alemana.

SEGUNDO

O recorrente, fronte á oposición da AEAT que lle require que acredite que as doenzas equivalen as que en España determinarían a concesión dunha pensión de incapacidade absoluta, alega que a controversia é de DEREITO e non de feito ó entender que o reglamento comunitario 833/04 e 987/09 impón ás autoridades españolas aceptar - sen matices- o grao de invalidez determinado polas autoridades alemanas.

A esto engade que as probas achegadas: informe médico e das autoridades alemanas acreditarían a equivalencia.

O que acontece é que non falarmos propiamente de que a AEAT non recoñeza a resolución ditada pola Autoridade Alemana, senón que a problemática é diferente: dado que a lexislación fiscal- Lei 35/2006-establece un beneficio fiscal que non se extende a tódalas pensións españolas ( non abrangue as incapacidades permanentes ), resulta obrigado determinar se a PENSIÓN reconocida en Alemania é, ós efectos tributarios, equivalente a una pensión por incapacidade absoluta ( ou grande invalidez ). Esto é o que resulta do artigo 5 do Regulamento CEE 883/2004 que esixe, para aplícalo principio de igualdade de tratamento ante a producción de determinados efectos xurídicos, que falemos de PRESTACIONS EQUIVALENTES. A claridade da norma exclúe que sexa preciso planteala cuestión interpretativa ante o TXUE.

Entrando a resolver se concorre ou non a equivalencia indicada.

O artigo 194 TRLGSS distingue distintos graos de incapacidade permanente en función da porcentaxe de redución da capacidade de traballo do suxeito: incapacidade permanente parcial, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta, e gran invalidez. A LIRPF (RCL 2006, 2123) unicamente recolle a exención das prestacións derivadas da incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, os dous supostos máis graves. A incapacidade permanente absoluta é aquela que inhabilita por completo ao traballador para toda profesión ou oficio. Gran invalidez é a situación do traballador afecto de incapacidade permanente e que, a consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos. As prestacións derivadas da incapacidade permanente parcial ou total están plenamente gravadas (véxase a contestación da DXT do 6 de febreiro de 2015 (JUR 2015, 131692), V0459-15, do 25 de febreiro de 2016 [JUR 2016, 80141], V0759- 16 ou do 23 de marzo de 2016 [JUR 2016, 121385], V1202-16). Véxanse por exemplo as sentenzas do TSJ de Canarias do 7 de febreiro de 2014 (JUR 2014, 231984) e do TSJ de Madrid do 22 de maio de 2014 (JT 2014, 1326), que rexeitan a aplicación da exención no caso dun maxistrado por non haberse acreditado que a declaración de incapacidade era para toda profesión ou oficio.

A mención da situación de gran invalidez é innecesaria, porque vai de seu que esta implica a incapacidade permanente absoluta ( STS do 29 de maio de 1998 [RJ 1998, 6954] ). A exención non se estende por iso por exemplo á pensión por accidente de traballo percibida do Instituto Nacional da Seguridade Social ( STSJ de Andalucía, sede en Málaga, de 26 setembro 2008 [JUR 2009, 8886] ) nin ás prestacións procedentes do Instituto Social da Mariña como consecuencia dunha accidente de traballo que lle produciu incapacidade permanente parcial ( STSJ da Comunidade Valenciana do 4 de outubro de 2007 [JUR 2008, 5082] ).

Aplicando ditos principios ás pensións percibidas por traballos no estranxeiro.

A DXT admitiu que as prestacións por incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez recoñecidas pola seguridade social doutros países tamén se benefician da exención . Véxase contestación do 15 de xuño de 2006 (JUR 2006, 210667) . Véxase Res. DXT de 28 abril 2009 (JUR 2009, 267584) (v0894-09) en relación a unha pensión de Finlandia por invalidez laboral absoluta e permanente que a prestación estará exenta sempre que se cumpran os requisitos establecidos no art. 7.º f) da Lei 35/2006 (Lei IRPF): que o grao de incapacidade recoñecido poida equipararse nas súas características á incapacidade absoluta ou gran invalidez e que a entidade que satisfai a prestación goce do carácter de sustitutoria da Seguridade Social, o cal poderá acreditarse por calquera medio de proba admitido en Dereito. Ou as contestacións da DXT Resolución núm. 1854/2011 de 21 xullo (JUR 2011, 404726), en relación cunha pensión de incapacidade permanente da seguridade social norueguesa, ou do 5 de outubro de 2015 (V2864-15), en relación cunha pensión de invalidez de Suíza que provén do recoñecemento polo devandito país dun grao de invalidez do 100% ou do 10 de marzo de 2016 (JUR 2016, 107793) (pensión luxemburguesa) ou do 13 de xuño de 2016, en relación cunha pensión de incapacidade paga polo Estado venezolano. No mesmo sentido pronunciouse o TSJ de Cataluña en sentenza do 13 de febreiro de 2015 (JUR 2015, 106440) e as sentenzas do TSJ do Principado de Asturias do 23 de decembro de 2015 (JUR 2016, 25466), que a estende a unha pensión de invalidez percibida da Seguridade Social de Francia ao ser equiparable o grao de incapacidade recoñecido naquel país ao da incapacidade permanente absoluta do sistema da seguridade social española, e do STSJ de Galicia, do 28 de setembro de 2016 (JUR 2016, 234615), que estende a exención a pensións obtidas en Suíza se se acredita unha incapacidade equivalente á permanente absoluta ou gran invalidez. Evidentemente se a incapacidade permanente é parcial non procede a exención (véxase a contestación da DXT do 13 de abril de 2016 [JUR 2016, 128353] [V1569-16], en relación cunha pensión por incapacidade permanente parcial alemá).

Segundo a contestación da DXT do 28 de maio...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
45 sentencias
  • STSJ Galicia 155/2018, 2 de Mayo de 2018
    • España
    • 2 Mayo 2018
    ...por trabajos en Alemania, como acontece en el presente caso, y en cuanto a la equivalencia, hemos expresado en nuestra sentencia de 11/10/17 (recurso 15672/16 ) en los siguientes xuño de 2006 (JUR 2006, 210667) . Véxase Res. DXT de 28 abril 2009 (JUR 2009, 267584) (v0894-09) en relación a u......
  • STSJ Galicia 69/2018, 14 de Febrero de 2018
    • España
    • 14 Febrero 2018
    ...por trabajos en Alemania, como acontece en el presente caso, y en cuanto a la equivalencia, hemos expresado en nuestra sentencia de 11/10/17 (recurso 15672/16 ) en los siguientes Segundo a contestación da DXT do 28 de maio de 2008 ( V1055-08 [JUR 2008, 237611] ), é necesario que a incapacid......
  • STSJ Galicia 4/2018, 24 de Enero de 2018
    • España
    • 24 Enero 2018
    ...por trabajos en Alemania, como acontece en el presente caso, y en cuanto a la equivalencia, hemos expresado en nuestra sentencia de 11/10/17 (recurso 15672/16 ) en los siguientes permanente é parcial non procede a exención (véxase a contestación da DXT do 13 de abril de 2016 [JUR 2016, 1283......
  • STSJ Galicia 330/2019, 27 de Junio de 2019
    • España
    • 27 Junio 2019
    ...reconocimiento del grado de discapacidad en España, previa valoración del EVI. En igual sentido, hemos expresado en nuestra sentencia de 11/10/17 (recurso 15672/16 ) : "O artigo 194 TRLGSS distingue distintos graos de incapacidade permanente en función da porcentaxe de redución da capacidad......
  • Solicita tu prueba para ver los resultados completos

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR