STSJ Galicia 462/2015, 28 de Octubre de 2015

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2015:7955
Número de Recurso15032/2015
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución462/2015
Fecha de Resolución28 de Octubre de 2015
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00462/2015

- N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 15030 33 3 2015 0000095

Procedimiento : PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015032 /2015 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. PROMOCIONES NAVIMONTE,S.L.

LETRADO JAVIER JESUS GARCIA ROJO

PROCURADOR D./Dª. ADRIANA RODRIGUEZ ALVAREZ

Contra D./Dª. CONSELLERIA DE FACENDA, TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

LETRADO LETRADO COMUNIDAD, ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e oito de outubro dous mil quince.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15032/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por PROMOCIONES NAVIMONTE SL, representado polo procurador Dª Rodríguez Álvarez, dirixido polo letrado Dº. García Rojo, contra o acordo de 23.10.2014 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía

37.338,31 EUROS. FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 23.10.2014 do TEAR que acolle, parcialmente, a reclamación económico administrativa contra a liquidación do ITPAXD derivada da escritura de 28.10.2008 (demolición de vivendas e extinción do réxime de propiedade horizontal e agrupación de solares).

Trala escritura, autoliquidación por AXD pola agrupación das fincas. Comprobación de valores e liquidación polo dobre concepto de: a) agrupación de fincas e b) extinción da propiedade horizontal

A reclamación ante o TEAr acolle o recurso respecto dos valores resultantes da comprobación realizada pola administración e confirma a obriga de liquidar pola extinción da propiedade horizontal.

SEGUNDO

O recorrente sostén que non procede a liquidación por AXD pola extinción da propiedade horizontal dado que carece de contido económico o derivarse da demolición dos edificios e así o declara a xurisprudenza; reitera os defectos da valoración realizada pola administración.

O letrado do Estado sostén que non existe acto susceptible de recurso dado que o TEAR anula a liquidación; o letrado da Xunta engade que non se xunta o acordo esixido no artigo 45.2.d LXCA, e verbo do fondo que procede a liquidación xirada.

Verbo das causas de non admisión suscitadas, e concordando co recorrente, non é sostible manter que o acordo do TEAR - de acollemento parcial- deixe sen efecto o recurso contencioso por falta de obxecto ó anulala liquidación, coma pretende o letrado do Estado.

O feito de acoller só parcialmente o recurso supón que se mantén un gravame para o recorrente: o TEAR...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 artículos doctrinales

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR