STSJ Galicia 557/2013, 25 de Septiembre de 2013

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2013:7386
Número de Recurso15832/2012
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución557/2013
Fecha de Resolución25 de Septiembre de 2013
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00557/2013

- N11600

N.I.G: 15030 33 3 2012 0016544

Procedimiento : PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015832 /2012 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. CONSELLERIA DE FACENDA

LETRADO LETRADO COMUNIDAD(SERVICIO PROVINCIAL)

PROCURADOR D./Dª.

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALCIA

LETRADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

CODEMANDADA: SOLPOR 55, S.L.

LETRADO PABLO PARADA ARCAS

PROCURADOR JORGE BEJERANO PEREZ

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MIGUEL HERNANDEZ SERNA

A CORUÑA, vinte e cinco de setembro de dous mil trece.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15832/2012, pende de resolución ante esta Sala, presentado pola XUNTA DE GALICIA, representada e dirixida polo letrado dos seus servizos xurídicos, contra o acordo de 30.07.2012 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado e SOLPOR 55 SL, representada polo procurador Sr. Bejerano Pérez e asistida do letrado Sr. Parada Arcas.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 411,41 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 30.07.2012 does TEAR que acolle a reclamación contra a liquidación de AXD derivada da escritura de 21.12.2009: subrogación no contrato de arrendamento financiero.

Autoliquidacion polo prezo da cesión; comprobación administrativa: prezo da cesión mailas cotas da amortización pendentes e da opción de compra.

O TEAR considerou que a base impoñible- en aplicación dos artigos 10.2.e ) e 14.2 RDL 01/1993 -era o arrendamento (cotas pendentes dende a subrogación ) e a opción de compra.

SEGUNDO

O letrado da Xunta discrepa da apreciación do TEAR e considera que, consonte co artigo

31.2 TD 1/1993, a base impoñible é o prezo da cesión mailas cotas pendentes e o prezo da opción.

Tanto o codemandado coma o letrado do Estado rebaten esta pretensión.

Antes de calquera outra consideración resulta obrigado denuncia-la falta de congruencia do acordo do TEAR, que se ben é respetuoso coa pretensión do recorrente SOLPOR 55 SL - tal e coma figura no suplico da reclamación económico administrativa- non o é coa propia autoliquidación realizada, onde SOLPOR 55 SL declara unha base impoñible de 262.715,44, en tanto que o TEAR acorda que a liquidación se realice cunha base impoñible de 37.284,56 euros mailo prezo da opción ( 32.292,38 euros ), co que está rectificando a propia autoliquidación en beneficio do recorrente.

Clarificada esta cuestión, o debate, tal e coma recoñecen as partes, é de carácter estrictamente xurídico: determinación da base impoñible - ós efectos do IAXD- do contrato de subrogación no arrendamento financiero dun inmoble, polo que a empresa SOLPOR 55 SL pagou 262.715,44 euros, asumindo o pago das cotas pendentes ( 37.284,56 euros mailo IVE ) e o dereito a exercita-la opción ( 32.292,38 euros ).

O recorrente considerou ( autoliquidación ) que a base impoñible eran os 262.715,44 euros, o TEAR que eran os 37.284,56 euros mailos 32.292,38, e a xunta que era a suma de todos eles.

Concordamos co letrado da Xunta en que o artigo 31.2 RDL 1/1993 resolve a controversia, sen que sexa preciso autointegra-lo precepto coa normativa propia do I.Transmisións patrimoniais ( coma realiza o TEAR ).:

  1. As primeiras copias de escrituras e actas notariais, cando teñan por obxecto cantidade ou cousa valuable, conteñan actos ou contratos inscribibles nos Rexistros da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Galicia 849/2013, 18 de Diciembre de 2013
    • España
    • 18 de dezembro de 2013
    ...además el obligado tributario era el mismo que en este recurso-- se ha pronunciado este Tribunal en la reciente sentencia de 25 de septiembre de 2013 (recurso 15832/2012 ), con lo que los principios de igualdad en la aplicación de la Ley, seguridad jurídica y unidad de doctrina nos obligan ......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR