STSJ Galicia 382/2011, 5 de Mayo de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:3966
Número de Recurso15667/2009
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución382/2011
Fecha de Resolución 5 de Mayo de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00382/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015667/2009

RECURRENTE: Benjamín

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, cinco de Maio de dous mil once.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015667/2009, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por don Benjamín, representado pola procuradora dona MARIA MONTSERRAT LOPEZ

RODRIGUEZ, e dirixido pola letrada dona MARIA DEL PILAR GARCIA LOPEZ, contra ACUERDO DE 29-01-09 QUE

DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OTRO DE AGENCIA ESTATAL ADMINISTRACION TRIBUTARIA DE FERROL SOBRE

LIQUIDACION PROVISIONAL POR IMPUESTO RENTA PERSONAS FISICAS, EJERC. 2006. REC. NUM000 . É parte a

Administración demandada TRIBUNAL ECO NO MICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado polo

ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibiuse o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 50.597,35 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 29.01.2009 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do IRPF ano 2006: ganancia patrimonial derivada da escritura de permuta por obra futura de 07.07.2006 por importe de 119.917,19 euros xerada en menos dun ano.

O recorrente adquirira a 1/5 dun inmoble por doazón o 17.02.2006, o 07.07, xunto cos outros copropietarios, asinou escritura de permuta con Inmobiliaria Norte Coruña SL a cambio de 843 m2 útiles a construir na parcela e a entregar no prazo de dous anos dende a obtención da licenza. No caso de atraso na entrega, pago mensual de 2.100 euros/mes, No caso de incumpri-lo pagamento dos 2.100 euros poderán facer efectivo un aval bancario por importe de 1.100.000 euros (compensable no caso de recibir, mais tarde os metros) e logo dun segundo prazo (18 meses sumados os 2 anos) sen face-la transmisión, indemnización de 300.000 euros (sumada ó 1.100.000 e cantidades mensuais).

Non declarou a operación no IRPF do ano 2006 e o 21.02.2008 comunicouna á AEAT optando por imputa-la renda cando se entreguen os metros de construcción.

SEGUNDO

O recorrente alega: a) non estarmos ante unha operación con prezo aprazado do art.

14.2.d RDL 03/2004 senón ante un contrato complexo que só se perfecciona coa entrega da contraprestación polo promotor e b) exercitou a opción en tempo e forma.

Verbo da primeira cuestión e como indican as SAN 4821/2010 e 03.12.2009: Non obstante, como de antigo vén afirmando a Sala do Civil do Tribunal Supremo, os contratos son o que son, e non o que as partes din que son, ou noutras palabras, os contratos teñen a natureza xurídica que se derive do seu contido e non das expresións das partes.

Analizando o contrato en cuestión, este considera unha cesión de parte dun soar a cambio de edificacións ou obras futuras, isto é, páctase, dun lado, a cesión dunha parte dun soar á recorrente, que ten lugar no acto da firma da escritura con efectos traslativos da propiedade, e doutro lado, como contraprestación á cesión da parcela, recoñécese un dereito persoal aos cedentes do terreo, sobre un número determinado de edificacións, que están pendentes de construír.

A Sala Civil do Tribunal Supremo, na sentenza da 1 de decembro de 2000 (recurso 69/1996 ) considera este pacto como un contrato atípico, conectado co de compravenda, o de permuta e o de arrendamento de obra, caracterizado por unha dobre prestación contraposta, unha, a de achega do soar, que é un feito presente, e outra, a de entrega de algo futuro construído, que se caracteriza polo devir ou futuro. En termos similares, a STS do 6 de febreiro de 2002 (recurso 1914/1996 ), da mesma Sala, indica que este contrato participa de conexión coa compravenda, a permuta e o arrendamento, e pode ser definido como unha permuta de cousa presente por cousa futura.

E na segunda delas: esta Sala considerou reiteradamente -cos evidentes efectos prexudiciais, xa que o ámbito noso axuizamento non abarca en sentido directo a cualificación dos contratos civís, senón a legalidade dos actos administrativos de carácter tributario que, necesariamente, han de partir da devandita cualificación-, que o contrato celebrado polas partes, por virtude do cal se produce a cesión dun soar a cambio de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Comunidad de Madrid 227/2014, 27 de Febrero de 2014
    • España
    • 27 Febrero 2014
    ...y no en 2006, la liquidación provisional no indica que la opción fuera incorrecta y resulta de aplicación la sentencia de TSJ de Galicia de 5 de mayo de 2011, recurso 15667/2009, que transcribe y tampoco puede invocarse el artículo 119.3 de la LGT porque la Administración debe hacer la impu......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR