STSJ Galicia 586/2011, 11 de Julio de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:5994
Número de Recurso15646/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución586/2011
Fecha de Resolución11 de Julio de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00586/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015646/2010

RECURRENTE: Clemencia, Erasmo

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de xullo de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015646/2010, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por Clemencia, Erasmo, representados pola procuradora dona

CARMEN MARIA MARTINEZ UZAL, e dirixidos pola letrada dona RAQUEL GRELA BARREIRO, contra ACORDO DE 18/02/2010

QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DO INSPECTOR REXIONAL ADXUNTO DA A.E.A.T. DE GALICIA DE

14/11/2008 POR LIQUIDACION DE I.R.P.F., EXERCICIO 2006 DERIVADA DE ACTA NUM000 E CONTRA ACORDO DE

IMPOSICION DE SANCION. REC. NUM001 Y NUM002 . É parte a Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICOADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado polo ABOGADO DEL ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del ás partes recorrentes para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 195.378,10 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 18.02.2010 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación e sanción IRPF no 2006.

Segundo resulta do expediente, o Sr. Erasmo está matriculado no epígrafe 722 do IAE - transporte por estrada- con inicio da actividade de 01.01.1994, e declarando polo réxime de estimación obxectiva do IRPF e simplificado do IVE.

O seu conxuxe Dª Clemencia deuse de alta na mesma actividade o 01.06.2005 e acolleuse o mesmo réxime de triburación. Ata ese momento non exercera actividade empresarial ningunha e carece de autorización para conducir camións e tampouco ten o certificado de capacitación profesional para o transporte (só ten o esposo).

A primeiros do ano 2005 o Sr. Erasmo era titular de catro vehículos e traspasou un a súa muller, quen deuse de alta na actividade e mercou dous vehículos mais.

Os esposos son socios -co 100%- e administradores da empresa GLOAN SL, que tamén exerce a actividade de transporte. O domicilio da actividade dos conxuxes e da sociedade é o mesmo e coincide coa vivenda dos esposos.

Nos libros rexistros de compras e facturas recibidos pola Sra. Clemencia non se reflicten gastos de xestión e administración -agás de pagos a unha xestoría-. O esposo recolle gastos de teléfono, comidas de empresa e gastos de viaxes.

No ano 2005 a Sra. Clemencia contratou a dous traballadores que prestaran servizos o seu marido.

Outro traballador -Sr. Antonio - recoñece ante a inspección que quen lle daba instruccións era o Sr. Erasmo .

Os únicos clientes da Sra. Clemencia nos anos 2005-2006 son o Corte Inglés e Gloan SL, que son os mesmos que xa tiña o seu esposo. Non ten gastos de combustible ata decembro do ano 2006 a facturación destes gastos facíase o Sr. Erasmo .

O Sr. Erasmo xustifica gastos por reparación de vehículos que pertencen a súa esposa.

As contas bancarias están a nome dos dous esposos e mixturan gastos /ingresos da actividade e privados.

SEGUNDO

Con estes datos a inspección conclúe que só existe unha actividade empresarial, a realizada polo Sr. Erasmo e que a actividade da Sra. Clemencia non é real, e só deuse de alta co fin de impedi-la aplicación do réxime xeral do IRPF e IVE, o supera-la facturación e e cifra de vehículos do art. 32 RIRPF e OHAC 3718/2005.

O recorrente rexeita que concorra ningún tipo de simulación, tendo a súa esposa experiencia profesional como administradora - durante 15 anos- de GLOAN SL, e os transportes realizados para o Corte Inglés son distintos dos que facía o seu esposo.

Verbo dos datos dos que parte a inspección, sinala que non houbo traspaso dun vehículo no ano 2005 senón renuncia, polo esposo ó leasing e subrogación pola esposa na relación contractual; a declaración de catro traballadores ratifica que xestionaba o negocio, e a ausencia de facturas de combustible e mantemento é debida ós rappel; posue as tarxetas de transporte e dispón dunha cota individual para o negocio .... Sostén que estarmos ante un suposto de planificación fiscal que, como moito, sería un suposto de conflicto na aplicación da norma - art. 15 e 159 LXT - e nunca ante unha simulación. E que non procede a imposición de sancións.

O letrado do Estado rebate estas pretensións.

Son dúas as cuestións suscitadas: a) existenza ou non de actividade independente na persoa da esposa e b) simulación ou conflicto de norma (fraude de Lei).

Cos datos que resultan do expediente concordamos coa administración en que no se pode falar de dúas actividades empresariais independentes, senón dunha sóa e, polo tanto, de simple apariencia formal de actividade no caso de Dª Clemencia co fin de obter un beneficio fiscal: impedi-la aplicación do réxime xeral do IRPF e IVE ó supera-los límites de facturación e número de camións.

Esta conclusión xorde, de xeito indubidable, dos datos que reflicte a inspección e que non se negan (aínda que algún deles os matiza) o recorrente.

Ata o ano 2005 é o esposo quen está de alta no epígrafe 722 do IAE -transporte de mercadorías por estrada- tributando polo sistema de estimación obxectiva do IRPF e simplificado do IVE. A esposa dase de alta o 01.06.2005...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS, 14 de Marzo de 2013
    • España
    • 14 Marzo 2013
    ...del Tribunal Superior de Justicia de Galicia, de 11 de julio de 2011, dictada en el recurso contencioso- administrativo núm. 15646/2010 , relativo a liquidación y sanción por el Impuesto sobre la Renta, ejercicio Ha sido parte recurrida el Abogado del Estado en la representación que legalme......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR