STSJ Galicia 944/2011, 7 de Noviembre de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:8668
Número de Recurso15547/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución944/2011
Fecha de Resolución 7 de Noviembre de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00944/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015547/2010

RECURRENTE: ASOCIACION DE PROMOTORES Y EMPRESARIOS DE LA CONSTRUCCION DE CANGAS

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONCELLO DE CANGAS DE MORRAZO (PONTEVEDRA)

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, sete de novembro de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015547/2010, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por ASOCIACION DE PROMOTORES Y EMPRESARIOS DE LA CONSTRUCCION DE CANGAS, representada pola procuradora VISITACION GONZALEZ PEREIRA, dirixida polo letrado JOSE CARLOS TAIBO BARCIELA, contra ACUERDO DEL PLENO DEL CONCELLO DE 26/12/08 QUE DESESTIMO RECLAMACION PRESENTADA EL 19/12/08 CONTRA EL ACUERDO PROVISIONAL DE APROBACION DEL EXPEDIENTE DE MODIFICACION DE DETERMINADAS ORDENANZAS FISCALES POR EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO EN SESION DE 16/10/08, ACORDANDO SU APROBACION DEFINITIVA. É parte a Administración demandada CONCELLO DE CANGAS DE MORRAZO (PONTEVEDRA).

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento. SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 26.12.2008 do Concello de Cangas do Morrazo que rexeitaba a reclamacion contra o acordo de aprobación do expediente de modificacion de determinadas ordenanzas fiscais.

En concreto, impugnanse as ordenanzas fiscais do ICIO, IVTNU, TAXA POR LICENCIA URBANÍSTICA, IBI e TAXA POR EXPEDICIÓN DE ATESTADOS.

Tanto o ICIO coma o IVTNU impugnánse polo mesmo motivo - falta de motivación, de congruencia e indefensión - por eleva-lo módulo e tipo nun 4,9%.

O recorrente sostén que aplica-lo IPC ós módulos do ICIO supón unha subida desproporcionada e resulta arbitrario.

De acorco co que resulta do expediente, no caso do ICIO o tipo de gravame establécese no 3.20% -antes era do 3,05%-, e fíxanse os módulos dos que partir para calcula-la base impoñible, sendo estos módulos o resultado de aplicarlles os anteriores unha suba do 4,9%.

A LFL RDL 02/2004 establece no seu artigo 102: 1. A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material de aquélla.....3. O tipo de gravame do imposto será o fixado por cada concello, sen que

o devandito tipo poida exceder do catro por cento.

Polo tanto, o gravame establecido non excede do legalmente previsto como máximo, e respecto da base impoñible, a actualización dos módulos non se acredita, que pola súa aplicación, se supere o que o custo real e efectivo da construcción; estarmos ante unha simple hipótese falta de proba e difícil de acreditar fora da súa aplicación practica, momento no que o sistema aprobado polo Concello poderá ser impugnado por vía indirecta.

Non é revisable xudicialmente o que é unha decisión política do CONCELLO -eleva-los tipos e sistema de cálculo da base impoñible- se esta non infrinxe a legalidade, e esta infraccion non concorre se o que se denuncia é a situación (comparativa de ordenanza fiscal)doutro Concello, xa que para que poida considerarse trato discriminatorio ten que partirse de situacións de igualdade e esta non é apreciable entre os distintos entes locais que teñen todos eles características singulares e particulares, ademais o lexislador dotou aos entes locais de certa autonomía financeira para que poidan mellor cada un deles facer fronte ás súas necesidades, xa que a igualdade non supón, en modo ningún, unha artificiosa uniformidade.

Tampouco concorre a denunciada falta de motivación, xa que na proposta da Alcaldía figura que os incrementos de custos ligados os procesos inflacionistas provocan que os ingresos non sexan suficientes ... o que xustifica a actualización consonte o IPC; motivar non supón, como declarou reiteradamente a xurisprudencia do Tribunal Supremo, unha explicación exhaustiva ou sumamente detallada, abonda cun explicación sucinta e que quede acreditada nos fundamentos da resolución para os efectos do seu control posterior en relación á súa adecuación á fin, que é do que se trata, poderá compartirse ou non ou sistema...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
2 sentencias
  • STSJ Comunidad de Madrid 327/2016, 27 de Abril de 2016
    • España
    • 27 Abril 2016
    ...En el mismo sentido se expresa la Sentencia dictada por el Tribunal Superior de Justicia de Galicia 07 de noviembre de 2011 ( ROJ: STSJ GAL 8668/2011 - ECLI:ES:TSJGAL:2011:8668) Recurso: 15547/2010 y la Sentencia dictada por el Tribunal Superior de Justicia de Andalucía con sede en Sevilla ......
  • STSJ Galicia 364/2022, 15 de Junio de 2022
    • España
    • 15 Junio 2022
    ...que debe de considerarse como inmueble desocupado. No lo hacía antes: y de ahí que esta Sala en la sentencia de 7 de noviembre 2011 (ECLI:ES:TSJGAL:2011:8668) calificase de exceso normativo la regulación en una Ordenanza Fiscal de lo que era una vivienda desocupada, considerando esta Sala q......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR