STSJ Galicia 615/2015, 22 de Julio de 2015

PonenteLUIS VILLARES NAVEIRA
ECLIES:TSJGAL:2015:5809
Número de Recurso7657/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución615/2015
Fecha de Resolución22 de Julio de 2015
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00615/2015

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

SECCIÓN TERCEIRA

Praza de Galicia, S/N CP 15071 A CORUÑA

Tel. 981 185796

Procedemento: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7657/2010

Sobre:

Parte demandante: Ambrosio

Letrado/a: EVA FERNANDEZ

procurador/a: ANTONIO PARDO FABEIRO

Parte demandada: CONSELLERIA DE ECONOMIA E INDUSTRIA; ENTIDAD LOCAL MENOR DE BERAN

Letrado/a: LETRADO DE LA XUNTA DE GALICIA; MIGUEL GARCIA IGLESIAS

Procurador/a: JOSE Mª. MOREDA ALLEGUE

Data: A Coruña, 22 de xullo de 2015

SENTENZA

Ilmos.Sres.Magistrados :

Francisco Javier Cambon Garcia

Juan Bautista Quintas Rodriguez

Blanca María Fernandez Conde

Luís Villares Naveira (Relator)

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira. A demandante impugna a resolución da Secretaría Xeral da Consellaría de Economía e Industria de data 14/6/2010 que rexeita en alzada o recurso presentado contra a resolución de 8/9/2008 da Dirección Xeral de Industria, enerxía e minas, pola que se recoñecen os dereitos adquiridos, apróbase o perímetro de protección e inscríbese no Rexistro de augas o aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais do manancial chamado "alumeamento principal" no Concello de Leiro, Ourense.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. O réxime transitorio aplicable ao procedemento impugnado é o previsto na DT 2ª e non 1ª da LEI 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia;

  2. Como consecuencia do anterior, a interesada no procedemento dispuña dun prazo máximo dun ano para instar o aproveitamento das augas ao seu favor, que se excedeu no caso de autos con creces;

  3. Producíronse varias irregularidades no expediente: en primeiro lugar, non existe solicitude de obtención de aproveitamento; incumpriuse ademais o trámite de audiencia e publicación no DOG ao non se efectuar o anterior.

  4. A beneficiaria non acreditou a titularidade dos terreos nin a dispoñibilidade do perímetro de protección máxima, polo que non está lexitimada para solicitar o aproveitamento;

  5. Non foi solicitada a declaración de mineiro-medicinais dos novos mananciais, denominados "fonte exterior" e "surxencia menor", polo que a concesión podería incorrer en ilegalidade.

    A Xunta de Galicia oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  6. Existe falta de lexitimación activa do demandante, ao non acreditar a titularidade dos terreos onde se sitúa o manancial;

  7. A administración concorda na aplicabilidade da DT 2ª da Lei 5/1995, pero rexeita que impoña un prazo dun ano para instar o aproveitamento;

  8. A beneficiaria achegou ao procedemento documentación relativa á titularidade dos terreos sobre os que se asenta o manancial, de onde non pode concluírse o defecto neste apartado; igualmente acreditou ser titular dos terreos de restrición máxima.

  9. O outorgamento por concurso público fronte ao realizado era unha simple facultade da administración,

    e non unha obriga legal.

    A Entidade Local menor de Berán oponse igualmente ás pretensións da demandante cos seguintes argumentos:

  10. O demandante carece de lexitimación activa, ao non ter acreditado o dereito de propiedade en que fundamentaba a súa petición;

  11. Existe conformidade en que o réxime legal aplicable é o indicado na DT 2ª da Lei 5/1995, pero enténdese que non se establece o prazo dun ano, que está previsto para procedementos de recoñecemento da condición de auga mineral realizados tras a entrada en vigor da norma, non antes.

  12. Non se produciron vicios no procedemento, xa que as deficiencias da solicitude foron subsanadas cando a interesada foi requirida para iso; no relativo á acreditación de titularidade e dispoñibilidade de terreos, no lugar do manancial foi acreditada a propiedade e no perímetro a dispoñibilidade por sentenza xudicial;

  13. A falta de declaración do carácter das augas das surxencias secundarias non obsta a legalidade do aproveitamento concedido, xa que se fai para o principal.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, practicouse como proba unicamente a documental que obra en autos.

A contía do procedemento fixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que: - As parcelas nº NUM000 e nº NUM001 do Concello de Leiro figuran inscritas no Rexistro da Propiedade de Ribadavia a nome da Entidade Local Menor de Berán ao 100%, a primeira delas mediante inscrición de data 12/11/1998 e a segunda de 20/2/2009.

- En data 16/8/1999 foi publicada na DOG a información pública relativa á solicitude de perímetro de protección para os mananciais de Berán;

- En data 15/3/2007 foi concedido a Ambrosio trámite de audiencia no procedemento de concesión de dereitos á Entidade de Berán en relación a posibles dereitos preexistentes.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a lexitimación activa do recorrente neste procedemento.

Cuestionan as codemandadas a lexitimación activa do demandante para intervir no procedemento, unha vez que a administración rexeitou na vía administrativa as súas pretensións por non acreditar a titularidade dos terreos sobre os que se asenta o manancial cuxo aproveitamento se outorga na resolución combatida.

O concepto de interese lexítimo apuntado como presuposto de lexitimación activa no procedemento contencioso no art. 19.1.a LXCA é definido na xurisprudencia constitucional como calquera vantaxe ou utilidade xurídica derivada da reparación pretendida (así a STC nº 10/2003, e a STS de 15/7/2005 que a acolle, entre outros procedementos). Aínda que este presuposto procesual debe ser obxecto de interpretación ampla ( SSTC nº 73/2004 ou 226/2006, entre outras), non debemos obviar a súa existencia para a válida constitución da relación xurídico procesual, de xeito que unha vez cuestionado polas demandadas, cómpre unha análise sobre o caso concreto para a decisión.

Neste caso, o demandante sostén en conclusións, momento procesual onde se pode defender a nivel dialéctico con plenitude de dereitos, sen prexuízo da posibilidade nun momento anterior de achegar proba ou propoñela sobre o particular se interesase á súa posición, que el mesmo foi solicitante dos dereitos de aproveitamento mesmo antes cá beneficiaria, polo que o seu interese -e perda pola decisión administrativaresulta evidente, na medida en que el aspiraba ao recoñecemento ao seu favor do que finalmente foi concedido a favor da codemandada.

A posición da administración neste asunto, negando a lexitimación activa, sería comprensible se durante o procedemento administrativo, unha vez que rexeitou a solicitude do actor por falta de acreditación dos presupostos legais para obter a declaración ao seu favor, lle tivese negado a condición de interesado no resto do procedemento que se seguía en relación á codemandada, pero non foi así; de feito, a resolución obxecto de impugnación é unha alzada que dá resposta a un recurso presentado polo actor, que resulta congruente cos motivos formulados, sen que se limite a negar a súa lexitimación como parte interesada no procedemento administrativo, de forma que a administración estaría aquí indo contra os seus propios actos, o que non pode admitirse. E conectado con isto existe un segundo argumento que debe facerse notar: o demandante foi destinatario dun recurso de alzada que lle denegou unha serie de peticións entrando no fondo do asunto, de forma que cunha resolución adversa ás súas pretensións, o dereito á tutela xudicial efectiva se proxecte sobre o control xurisdicional do contido desa resolución de alzada, porque doutro modo a actuación administrativa nese acto quedaría exenta de fiscalización ningunha, e ese non é o designio marcado no art.

1.1. LXCA . En consecuencia, a derradeira decisión que o interesado reciba da administración non pode estar exenta de control xurisdicional, incluso se esta decisión...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STS 1807/2018, 19 de Diciembre de 2018
    • España
    • 19 Diciembre 2018
    ...22 de julio de 2015, dictada por la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso número 7657/2010, sobre aprovechamiento de aguas minero-medicinales y termales del manantial llamado "alumeamento principal" en el Ayuntamiento de Leiro (Oren......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR