STSJ Galicia 730/2012, 3 de Diciembre de 2012

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2012:10441
Número de Recurso15252/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución730/2012
Fecha de Resolución 3 de Diciembre de 2012
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00730/2012

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 15252/2010

RECORRENTE: SISTEMAS ENERGETICOS CHANDREXA SA

ADMINISTRACION DEMANDADA: CONSELLERÍA DE FACENDA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DOLORES RIVERA FRADE

A CORUÑA, tres de decembro de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15252/2010, pende de resolución ante esta Sala, presentado por SISTEMAS ENERGETICOS CHANDREXA SA, representado polo procurador Dª Díaz Amor, dirixido polo letrado Dº. Dorronsoro Martín, contra a ORDE de 07.01.2010 QUE APROBA MODELO DE AUTOLIQUIDACION DO CANON EOLICO CREADO POLA LEI 8/2009 DO 22 DE DECEMBRO REGULADORA DO APROVEITAMENTO EOLICO EN GALICIA, E CREASE O CANON EOLICO E O FONDO DE COMPENSACION AMBIENTAL. É parte a Administración demandada a CONSELLERÍA DE FACENDA, representada e asistida polo letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver. CUARTO. - Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é a Orde de 07.01.2010 que aproba o modelo de autoliquidación do canon eólico creado pola lei 08/2009 de 22.12 que regula o aproveitamento eólico en Galicia e crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

SEGUNDO

O recurso baséase na infracción, por parte da Lei 08/2009, do bloque constitucional, en concreto, da LO 08/1980, o ter só formalmente, unha finalidade extrafiscal; ademais, tamén contradí a Directiva 2009/28.

O recorrente desenvolve o primeiro dos motivos alegando que se infrinxe a prohibición do art. 6.3 LOFCA e a xurisprudenza constitucional que o interpreta, dado que o CANON EÓLICO recae sobre o mesmo feito impoñible que xa grava o IBI-IAE e Imposto sobre a electricidade e carece - materialmente- de finalidade extrafiscal: a) inautenticidade dos fins, falta de xustificación do impacto ambiental negativo, ausencia de xeneralidade, b) ausencia de congruencia entre os elementos esenciais do Canon Eólico e a súa pretendida natureza de tributo ambiental. - obxecto e feito impoñible, suxeitos, base impoñible, tipo de gravame e cota tributaria e recadación.

O letrado da administración rebate estas alegacións subliñando que a Lei 08/2009 crea un tributo extrafiscal que cumpre cos requirimentos da xurisprudenza constitucional.

Dado que a impugnación diríxese contra a Lei 08/2009 compre determinar se concorre ou non motivos que xustifiquen suscita-la cuestión de inconstitucionalidade ante o TC.

A Constitución Española outorga ó lexislador plena liberdade para a instauración de medidas preventivas e restauradoras do medio, entre as que se encontran as de natureza tributaria. Neste sentido o T.C. sinalou que «tanto o sistema tributario no seu conxunto coma cada figura tributaria concreta forman parte dos instrumentos de que dispón o Estado para a consecución dos fins económicos e sociais constitucionalmente ordenados» ( STC 37/1987 [ RTC 1987). O TC recoñeceu na sentenza 37/1987, do 26 de marzo, que "nin na Constitución nin na LOFCA existe precepto ningún que prohiba ás Comunidades Autónomas actuar a súa potestade tributaria - e en concreto, o seu poder de imposición - en relación coa consecución de obxectivos non fiscais" (FJ 13º). É dicir, o tributo pode non ser só unha fonte de ingresos, un xeito de achegar medios económicos ós entes territoriais para satisfacer as súas necesidades financeiras (fin fiscal), senón que tamén pode responder a políticas sectoriais distintas da puramente recadatoria (fin extrafiscal), isto é, o lexislador pode "configurar o presuposto de feito do tributo tendo en conta consideracións basicamente extrafiscais" ( SSTC 37/1987, do 26 de marzo, FJ 13 ; 197/1992, do 19 de novembro, FJ 6 ; 194/2000, do 19 de xullo, FJ 7 ; e 276/2000, do 16 de novembro, FJ 4).

A Constitución non obriga a establecer tributos ecolóxicos pero si establece un

deber de conservación ambiental dos poderes públicos e dos particulares.

Os tributos ecolóxicos constitúen un incentivo para reducir os niveis de

contaminación e fomentar condutas acordes coa protección do medio (preventiva e incentivadora), distintos a aqueles en que se determina a distribución dos gastos públicos con arranxo ao principio de capacidade económica.

Non existindo dúbida posible sobre a competencia da CCAA Galega de crear un imposto ambiental e que este non infrinxe os principios de territorialidade ( art. 11.1 da Lei 8/2009 ) nin o de non interferencia económica ( art. 9 LOFCA ), a controversia cínguese en determinar se o canon eólico teun unha finalidade ambiental como obxectivo real, tal e como esixe o T.C. 8 ( STC 179/2006 ), ou grávase unha capacidade económica xa gravada, como sinalou o TC nas sentenzas 289/2000 ( RTC 2000, 289) e 179/2000 ( RTC 2000, 179), co que se estaría infrinxindo o artigo 6.3 LOFCA.

A Lei 08/2009 establece que a finalidade do canon eólico e para protexe-lo medio, para estimular a incorporación dás novas tecnoloxías nos aeroxeradores, para minorar ou número destes e para reforzar ou equilibrio territorial xerado pola instalación de parques eólicos créanse ou canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental . Fin que reitera o Artigo 8º ó establece que ( créase o canon eólico )

co obxecto de contribuír a regular e preservar ou medio na súa consideración de ben protexido . Establecendo o artigo 9 que os ingresos do canon destinaranse a conservación, reposición e restauración do medio, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial dás que serán principais beneficiarios vos municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Así mesmo, será beneficiaria ou conxunto dá sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento dá eficiencia non aproveitamento dous recursos enerxéticos renovables, dá sustentabilidade, dá biodiversidade e do uso recreativo e educativo dous recursos naturais de Galicia.

Tales ingresos serán xestionados a través do Fondo de Compensación Ambiental .

Esta é a realidade normativa da que debemos partir, afastandonos das sospeitas que suscita o recorrente sobre o destiño real dos ingresos derivados do canon - estaríamos ante unha incorrecta aplicación do Fondo de Compensación Ambiental e non ante unha irregularidade da Lei.

O que toca decidir é se esta realidade normativa formal cumpre coas esixencias que o TC establece unas sentenzas 179/2006, 168/2004, 289/2000, 12/91 ..para poder considerar que estarmos propiamente ante un imposto ambiental.

En concreto se concorren os defectos recollidos no FX 6º da sentenza 179/2006 : ... como sucedía no caso do imposto balear declarado inconstitucional pola STC 289/2000, a análise da estrutura do imposto estremeño non permite chegar á anterior conclusión. E é que, aínda cando a exposición de motivos da Lei 7/1997 atribúe ao citado tributo unha finalidade extrafiscal, como é a protección do medio, o certo é que o exame dos preceptos que definen os elementos esenciais do devandito imposto pon de manifesto que estamos en presenza dun tributo netamente fiscal ou contributivo, na medida que non grava directamente a actividade contaminante senón a mera titularidade dunhas determinadas instalacións. A este respecto necesariamente debemos tomar como punto de partida a circunstancia de que, conforme ao art.º 2 da citada norma legal, o feito impoñible do imposto o constitúe a titularidade polo suxeito pasivo de elementos patrimoniais afectos á realización das actividades que integran o obxecto do tributo, a saber, as de produción, almacenaxe, transformación, transporte efectuado por elementos fixos da subministración de enerxía eléctrica, así como os elementos fixos das redes de comunicacións telefónicas ou telemáticas (art.º 1.3); constituíndo a base impoñible ou, o que é o mesmo, o sometido a tributación, o "valor produtivo" dos citados elementos patrimoniais que configuran o obxecto do tributo (art.º 7.1), entendendo por tal "a expresión estimativa da participación dos elementos patrimoniais suxeitos na composición dos prezos de fabricación ou custos de produción" da enerxía eléctrica ou das comunicacións telefónicas ou telemáticas (art.º 7.2).

Trátase, pois, conforme á propia definición do seu feito impoñible, dun tributo que non grava directamente a actividade contaminante, senón a titularidade dunhas determinadas instalacións. Certamente, como puxemos de manifesto ao examinar o cumprimento por algúns tributos autonómicos da prohibición de dobre imposición contida no art.º 6 LOFCA, a definición legal do feito impoñible [ STC 168/2004, do 6 de outubro, FJ 10 a)] ou do obxecto do tributo ( ATC 417/2005, do 22 de novembro, FJ 6) é só un elemento máis -non definitivo- á hora de dilucidar cal é o verdadeiro obxecto do gravame. Pero, fronte ao que manteñen o Avogado do Estado e as representacións das institucións autonómicas comparecidas neste proceso, xunto ao que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
3 sentencias
  • STS, 10 de Julio de 2014
    • España
    • 10 Julio 2014
    ...de la Sala de lo Contencioso Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso contencioso- administrativo número 15252/2010 seguido a instancia de S.E. CHANDREXA frente a la Orden de 7 de enero de 2010, que aprueba el modelo de autoliquidación del canon eólico cread......
  • STS, 1 de Diciembre de 2015
    • España
    • 1 Diciembre 2015
    ...anterioridad por la misma, bien en este proceso o en otros anteriores, señaladamente en las sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Galicia de 3 de diciembre de 2012 (recurso 15252/2010 ) cuyo contenido daba la sentencia aquí recurrida por reproducido, sin que advirtiera razones de h......
  • ATS, 16 de Diciembre de 2014
    • España
    • 16 Diciembre 2014
    ...la Sección Cuarta de la Sala de la Jurisdicción del Tribunal Superior de Justicia de Galicia en el recurso contencioso-administrativo núm. 15252/2010 , con imposición de las costas causadas en el recurso a la parte recurrente con el límite de 7.000 Con fecha 15 de septiembre de 2014 la soci......
2 artículos doctrinales

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR