STSJ Galicia 517/2011, 23 de Junio de 2011

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2011:5260
Número de Recurso15037/2010
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución517/2011
Fecha de Resolución23 de Junio de 2011
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00517/2011

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NÚMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015037/2010

RECURRENTE: PROMOCIONES POLICARPO DE VIGO, S.L.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e tres de xuño de 2011.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015037/2010, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi

interposto por PROMOCIONES POLICARPO DE VIGO,S.L., representada pola procuradora LAURA CARNERO RODRIGUEZ, e

dirixida polo letrado JORGE GOMEZ JIMENEZ, contra ACORDO DE 28/10/2009 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA

OUTRO DA DEPENDENCIA REXIONAL DA A.E.A.T. DE VIGO POR SANCIÓNS DERIVADAS DE LIQUIDACIÓNS

PRACTICADAS POR IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO, EXERCICIOS 2004/2005. REC. 54/952/2008. É parte a

Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, representado polo

ABOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA. ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 24.961,50 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 28.10.2009 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a sanción tributaria derivada do acta de conformidade A01-75666592, IVE anos 2004/05: alegaban a caducidade do expediente.

Segundo resulta do expediente, o acordo de inicio notificouse o 06.03.2008 e o acordo sancionador o

01.10.2008, existindo intentos de notificación o 22 e 24.07.2008 no enderezo do representante da entidade Dº Cornelio ; intentos de notificación de 13 e 26.08 por medio de axente tributario en Madrid (cambio de domicilio notificado o 22.05) e publicación no BOP de 17.09.2008. Personación o 01.10.2008 do administrador da sociedade.

SEGUNDO

A controversia cínguese a determinar se concorren ou non os requistos do art. 104.2 ( Para os sós efectos de entender cumprida a obriga de notificar dentro do prazo máximo de duración dos procedementos, será suficiente acreditar que se realizou un intento de notificación que conteña o texto íntegro da resolución ) ó que se remite o art. 211.2 da lei 58/2003 .

Debemos, como fai o recorrente, distingui-los intentos de notificación de 22 e 24.07 no enderezo particular do Sr. Cornelio, dos posteriores.

O recorrente sostén que estes intentos son posteriores á comunicación do novo enderezo fiscal en Madrid (notificación de 22.05) e que o Sr. Cornelio non representaba á sociedade nese momento.

A primeria das alegacións non sería determinante, dado que o art. 110.2 lei 58/2003 establece: Nos procedementos iniciados de oficio, a notificación poderá practicarse no domicilio fiscal do obrigado tributario ou o seu representante, no centro de traballo, no lugar onde se desenvolva a actividade económica ou en calquera outro axeitado a tal fin. Dado que a norma ten coma finalidade aumenta-la efectividade (exposición de motivos da lei), é dicir, o coñecemento efectivo do resolto, resultaría válida a notificación que se realizara na persoa do representante legal da sociedade, aínda que fose en enderezo distinto do fiscal ou social da empresa. O que acontece- coma acredita o recorrente -é que o Sr. Cornelio non era o representante da sociedade PROMOCIONES POLICARPO VIGO SL, xa que, dende a escritura de 07.03.2008 os administradores solidarios eran os Srs. Inocencio e o Sr. Leovigildo (nin tan sequera,...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • STSJ Castilla y León 452/2020, 21 de Mayo de 2020
    • España
    • Tribunal Superior de Justicia de Castilla y León (Valladolid), sala Contencioso Administrativo
    • 21 May 2020
    ...211 de la LGT En consecuencia, no cabe apreciar la caducidad alegada. ...". La STSJ, Contencioso sección 4 del 23 de junio de 2011 ( ROJ: STSJ GAL 5260/2011 - ECLI:ES:TSJGAL:2011:5260 ) Sentencia: 517/2011 , Recurso: 15037/2010, referida a la sanción por IVA, no ha podido ser hallada en esp......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR