STSJ Galicia 71/2008, 7 de Febrero de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:5619
Número de Recurso4605/2007
Número de Resolución71/2008
Fecha de Resolución 7 de Febrero de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00071/2008

RECURSO APELACIÓN NÚM. 4605/2007

NO NOME DE EL-REI

A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

ILMOS. SRS.

  1. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE

  2. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ

  3. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

A Coruña, a sete de febreiro de 2008.

O recurso de apelacion contencioso administrativo núm. 4605 /2007 pendente de resolución nesta Sala, presentado por D.

Guillermo, representado polo procurador Dª Tornas Abal e asistido do letrado Dª Losa García., contra a

sentencia de 31.07.2007 do Xulgado do contencioso núm. 1 de Pontevedra . É parte apelada o CONCELLO DE MARIN,

representada e asistida polo letrado Sr. García González .

A contía do recurso é indeterminada .

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O 31.07.2007 o xulgado do contencioso núm.1 de Pontevedra ditou unha sentencia que NON ADMITÍA o recurso contencioso de D. Guillermo contra o acordo de 31.07.2007 do Concello de Marin. Presentou un recurso de apelación no que solicitou a revogación da sentencia de primeira instancia e o ditado doutra que acolla as pretensións da demanda.

O Concello de Marin opúxose a súa pretensión.

SEGUNDO

Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.

É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

Non se aceptan - no que se dirá- os da sentencia recorrida.

A sentencia de 31.07 recolle - FX segundo- como feitos probados, a existencia dunha inicial solicitude de licenza para acondicionamento e apertura de local de supermercado, por parte de ECOMAS SL - exped. RAMINP NUM000 - que rematou por acordo de 14.01.2005 que rexeitaba a solicitude; o Don. Guillermo propietario do local - reiterou a solicitude o 04.10.2005, denegándolla o 12.12.2005.

O xulgado do contencioso núm.1 de Pontevedra considerou que estábamos ante unha REITERACIÓN na petición de licenza e, de acordo coa STS 18.03.1999, debía declararse a non admisión.

O recorrente discrepa desta apreciación, dado que á solicitude de licenza achegáronse documentos novos ( folio 20-48 a 50, 109 a 123 ), fíxose referencia a novos feitos ( concesión de licenza de actividade de perruquería de 20.01.2005 ) e a circunstancias novas: principio de igualdade, licenza de actividade en edificio fora de ordenación ...polo que non estamos ante unha reiteración de licenza. O Concello asumiuno e no Decreto de 19.04.2006 fundamentou a denegación en novos motivos.

Debemos darlle a razón ó recorrente: non concorre a causa de non admisión do artigo 69 C en relación co artigo 28 LXCA.

O Concello, no acordo de 12.12.2005, denegaba a solicitude por entender que concorría reiteración, por non ser un feito novo a achega da resolución ditada no expediente 55/04 de reposición da legalidade urbanística.

Ó resolve-lo recurso de reposición - Decreto de 19.04.2006 - faise referencia a parte da documental achegada - elemento novo: informe pericial do PO 29/2005, rexeitando o recurso por entender que non contradi o resultado dos exped. 55/04-RL e 02/06-RL.

Compre facer unha sucinta referencia á xurisprudencia nesta materia.

Como indica a STS 08.07.1992 : Recordando ante todo el carácter reglado de la licencia urbanística, acto "debido" que "debe" otorgarse o denegarse según que el proyecto se ajuste o no a la ordenación urbanística - sentencias de 2 de febrero de 1989, 18 de abril de 1990, 25 de mayo de 1991, etc.- ha de señalarse que una vez firme la denegación de una licencia, formular una nueva petición sin alguna modificación de hecho o de derecho implica la interposición de un recurso de reposición contra el acto denegatorio cuando ya no resultaba viable su impugnación: piénsese que bastaría con reiterar indefinidamente las peticiones de licencias para soslayar la demolición que pudiera amenazar una construcción en contra de lo que deriva del art. 185,2 en relación con el art. 184,3 ambos del Texto Refundido de la Ley del suelo de 9 de abril de 1976 .

A STS 23.09.1999 citada polo recorrente: Aunque ninguna de las partes lo ha planteado, hemos de consignar, para que la fundamentación de esta sentencia no quede incompleta, que si bien la jurisprudencia de esta Sala tiene reiteradamente declarado que las peticiones de licencia son reiterables (por todas, sentencias de 2 de Enero de 1978, 28 de Abril de 1972, 24 de Enero de 1961 y 12 de Febrero de 1960 ), es lo cierto que la reiteración sólo es posible cuando cambia alguno de los elementos subjetivos, objetivos o normativos de la solicitud, pero no cuando estos son los mismos, pues en tal caso razones de seguridad jurídica, que es un valor consagrado en la Constitución Española (artículo 9-3 ), avalan la imposibilidad de posteriores solicitudes idénticas, que podrían reproducirse de lo contrario indefinidamente.

No caso presente, e atendendo a xusrisprudencia constitucional sobre o acceso á xurisdicción, así o ATC 60/2000 de 28 de febrero (RTC 2000\60) F. 4 : «aun tratándose del acceso a la jurisdicción, como ocurre en el presente caso, donde actúa con especial intensidad el principio "pro actione", dicho derecho no conlleva "la forzosa selección de la interpretación más favorable a la admisión de entre todas las posibles normas que la regulan -ya que esta exigencia llevaría al Tribunal Constitucional a entrar en cuestiones de legalidad procesal que corresponden a los Tribunales ordinarios-", sino "la interdicción de aquellas decisiones de inadmisión que por su rigorismo, por su formalismo excesivo o por cualquier otra razón revelen una clara desproporción entre los fines que aquellas causas preservan y. los intereses que sacrifican" ( SSTC 207/1998, de 26 de octubre [RTC 1998\207], F. 3; 63/1999, de 26 de abril [RTC 1999\63],

  1. 2; entre otras )». Era obrigada unha interpretación ampla do que debemos entender por feitos novos, que poden abranguer tamén as alegacións de tipo xurídico apoiadas en documentos relevantes, que obriguen a un novo estudio da adecuación da solicitude coa legalidade urbanística.

O propio Concello así o entendeu - implícitamente - ó resolve-lo recurso de reposición.

En resume, dado que non existe identidade entre os solicitantes dunha e outra licencia e que se mudan as alegacións - con base en nova documentación -, entendemos que o recurso debeu admitirse, e que o xulgador de primeira instancia debeu resolver sobre o fondo da controversia, para o que, a denegación da inicial licencia servía como un precedente especialmente relevante.

SEGUNDO

Entrando a resolve-lo fondo da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
1 sentencias
  • SJCA nº 1 156/2013, 14 de Junio de 2013, de Ourense
    • España
    • 14 Junio 2013
    ...bajo del inmueble (comerciales-recreativos), tal y como consideró en supuestos similares el Tribunal Superior de Justicia de Galicia en sus sentencias de 7 de febrero de 2008 (rec. 4605/2007 ) y 30 de julio de 2012 (rec. 4329/2012 A lo que se añade la circunstancia de que cuando se otorgaro......

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR