STSJ Galicia 577/2010, 9 de Junio de 2010

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2010:7442
Número de Recurso15642/2009
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución577/2010
Fecha de Resolución 9 de Junio de 2010
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00577/2010

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015642/2009

RECURRENTE: Casiano

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, nove de xuño de dous mil dez.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 0015642/2009, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Casiano, representado pola procuradora dona BIBIANA FLORES RODRIGUEZ, e dirixido polo letrado don JOSE RODRIGUEZ VIJANDE, contra ACUERDO DE 27-02-09 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OTRO DE A.E.A.T. DE ORTIGUEIRA SOBRE SOLICITUD DEVOLUCION INGRESOS INDEBIDOS POR

IMPUESTO RENTA PERSONAS FISICAS, EJERC. 2003. REC. 15/345/09. É parte a Administración demandada TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO

REGIONAL DE GALICIA, representado polo ABOGADO DEL ESTADO. É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é indeterminada.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 27.02.2009 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a denegación da solicitude de devolución de ingresos non debidos-IRPF ano 2003-DT 3ª Lei 40/98.

O recorrente percibirá unha prestación como beneficiario do fondo Endesa previsión Social F.P. e o declarara íntegramente cando, segundo a súa pretensión, dó debeu facelo nun 75%. Denegáronlle a solicitude por non acreditar que fose unha prestación derivada dun contrato de seguro concertado cunha mutualidade de previsión social.

SEGUNDO

O recorrente sostén que ENDESA SA creou a MUTUALIDADE DE PREVISIÓN SOCIAL DOS TRABALLADORES DE ENDESA, e que para o sostén da mesma - cando menos dende o ano 1963-era obrigatoria á achega por parte dos traballadores, mediante retención na nómina.

O 29.11.2000 acordouse a transformación da Mutualidade nun PLAN DE PENSIÓNS DE EMPREGO DE ENDESA SA - con disolución da mutualidade. O 29.12 creouse sendo a entidade xestora MAPFRE VIDA PENSIONES.

O recorrente ingresou na mutualidadeantes do ano 1992..

O recorrente, fronte ó que alega o TEAR, sostén que: a) o relevante é a orixe dos fondos e non quen é o pagador da prestación, e b) non foi ata o ano 1992 cando foi posible realizar rebaixas na base impoñible do IRPF polas achegas á mutualidade, polo que, as realizadas dende no ano 1954 ata o 92 reúnen os requisitos das DT citadas.

Adiantamos que debemos acolle-lo recurso, dado que as motivacións suscitadas polo TEAR e letrado do Estado son insuficientes para denega-la pretensión do recorrente.

O TEAR parece soster ( motivo que non xustificou a negativa da AEAT ) que o feito de que o pagamento o realiza Mapfre Vida Pensións, que xestiona o PLAN DE EMPREGO DE ENDESA SA, é determinante do incumprimento da DT 3ª Lei 40/98 e DT 2ª RDL 03/2004, por non estar xa ante unha mutualidade de previsió social (:1. Las prestaciones por jubilación e invalidez derivadas de contratos de seguro concertados con mutualidades de previsión social cuyas aportaciones, realizadas con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley 40/1998, de 9 de diciembre, del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y otras Normas Tributarias, hayan sido objeto de minoración al menos en parte en la base imponible, deberán integrarse en la base imponible del impuesto en concepto de rendimientos del trabajo.

  1. La integración se hará en la medida en que la cuantía percibida exceda de las aportaciones realizadas a la mutualidad que no hayan podido ser objeto de reducción o minoración en la base imponible del impuesto de acuerdo con la legislación vigente en cada momento y, por tanto, hayan tributado previamente. 3. Si no pudiera acreditarse la cuantía de las aportaciones que no hayan podido ser objeto de reducción o minoración en la base imponible, se integrará el 75 por ciento de las prestaciones por jubilación o invalidez percibidas.)

Esta circunstancia - transformación da Mutualidade de Previsión Social dos Traballadores de Endesa en Plan de Emprego de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR