STSJ Galicia , 7 de Diciembre de 2002

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2002:7426
Número de Recurso6795/1998
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución 7 de Diciembre de 2002
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso núm. 02/0006795/19980 NO NOME DE EL-REI A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou a SENTENCIA Núm 1466 ILTMO. SRES.

D. CARLOS LÓPEZ KELLER D. MANUEL CONDE NUÑEZ D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA A Coruña, Sete de Decembro de 2002.

o proceso contencioso-administrativo núm. 02/0006795/19980, pendiente da resolución nesta sala, presentouno D/Dª Celestina coa representación do procurador Sr. Lado París e coa asistencia do letrado Sr/a Alonso Fonturbel contra a resolución de 23.09.1998 do Concello de Laxe; é parte demandada o Concello de Laxe coa asistencia do letrado Sr. García López.

A contía do recurso é indeterminada pero inferior a 25 millóns.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.-Despois de ser admitido a trámite o recurso e tras practíca-las dilixencias oportunas, a parte recorrente formalizou a demanda; onde alegaba o que consideraba pertinente e rematou coa solicitude de que se dictase sentencia na que se estimase o recurso.

SEGUNDO

Déuselle conta á parte demandada, quen a contestou en tempo e forma, para alega-lo o que considerou oportuno e rematou coa súplica de que fora desbotado o recurso.

TERCEIRO

Tralo tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse a votación e o acordo o día 29-11-02 CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais foron cumpridas.

VISTO: É relator o Iltmo maxistrado. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente, Dª Paloma , o 08.05.1998 denunciou que Sra. Celestina e a súa filla obstaculizaban o uso do camiño público (entrada da eira detrás) cun depósito de pedras. O concello deulles traslado da denuncia o 28.05; folio 4-5) e existe un informe do técnico municipal (folio 6)

que afirma o carácter público do camiño. As denunciadas negaron a existencia do camiño público (folio 9).

Practicáronse probas testemuñais (folio 10-12-13) e tralo informe do secretario (folio 14-15) e a notificación para o trámite de audiencia ás afectadas folio 16-17, o 14.08.1998) o 23.09.1998 a comisión de goberno do Concello de Laxe acorda a retirada das lousa de pedra que obstaculizan o paso e a reposición do camiño público ó seu estado primitivo.

Como sinala a xurisprudencia: O chamado interdictum impropio, esto é, a facultade que a Administración ten de reivindicar por si mesura os seus propios bens, patrimoniais ou de dominio público, está suxeita a límites estrictos mais aló dos que a administración está obrígada a acudir ós tríbunais como calquera particular que exercita a acción reivindicatoria que recoñece a todo propietario o art. 348 CC. Segundo unha constante doutrina do TS - SS 20.03.1969, 04.07.1970, 14.03.1974, 07.02.1983, 05.12.1933 e 09.07.1984 - dada a natureza privilexiada e carácter estrictamente posesorio desta facultade, que concede o art. 404 da Leí de Réxime Local e 55 do Regulamento de bens, o seu válido exercicio ven subordinado á existencia dunha proba completa e aprobada que acredite: 1.- a natureza administrativa do uso público do terreo cuestionado, sen prexuízo da verdadeira natureza da titularidade dominical (STS 05.06.1991). Non se trata de acredita-la pertenza en concepto de dono, senón a mera posesión, xa que este é a que protexe o interdicto, e as cuestións de propiedade deben discutilas ante a xurisdicción civil (STS 12.07.1982); 2.- que o uso o perturbe o administrado contra o que se dirixe a acción municipal. A falta de acreditación deste elemento, deixaría sen causa o exercicio da pretensión interdictal, impedindo a súa materialización (SS 30.05.1983, 29.01.1985 e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba
6 artículos doctrinales
  • IV Convenio Colectivo general del sector de la construcción
    • España
    • La salud laboral y el medio ambiente en la negociación colectiva
    • 13 Septiembre 2009
    ...de 27-10-2004 (AS 2004, 3182). [47] Vid. STS de 16-12-1998 (RJ 1998, 10518); STSJ Canarias, de 30-12-2001 (JUR 2001, 12335); STSJ Galicia de 7-12-2002 (JUR 2002, 24411); STSJ Castilla-La Mancha, de 21-6-2001 (JUR 2001, [48] Vid. STS 21-7-1997 (RJ 1997, 5939). [49] Lo mismo que el artículo 4......
  • III Convenio Colectivo general de ferralla
    • España
    • La salud laboral y el medio ambiente en la negociación colectiva
    • 13 Septiembre 2009
    ...Mancha, de 27-10-2004 (AS 2004, 3182). [166] STS de 16-12-1998 (RJ 1998, 10518); STSJ Canarias, de 30-12-2001 (JUR 2001, 12335); STSJ Galicia de 7-12-2002 (JUR 2002, 24411); STSJ Castilla-La Mancha, de 21-6-2001 (JUR 2001, [167] STS 21-7-1997 (RJ 1997, 5939). [168] Este apartado desarrolla ......
  • III Convenio Colectivo estatal del corcho
    • España
    • La salud laboral y el medio ambiente en la negociación colectiva
    • 13 Septiembre 2009
    ...Mancha, de 27-10-2004 (AS 2004, 3182). [407] STS de 16-12-1998 (RJ 1998, 10518); STSJ Canarias, de 30-12-2001 (JUR 2001, 12335); STSJ Galicia de 7-12-2002 (JUR 2002, 24411); STSJ Castilla-La Mancha, de 21-6-2001 (JUR 2001, [408] STS 21-7-1997 (RJ 1997, 5939). [409] En general, el artículo 7......
  • IV Convenio Colectivo general del sector de derivados del cemento
    • España
    • La salud laboral y el medio ambiente en la negociación colectiva
    • 13 Septiembre 2009
    ...de 27-10-2004 (AS 2004, 3182). [89] Vid. STS de 16-12-1998 (RJ 1998, 10518); STSJ Canarias, de 30-12-2001 (JUR 2001, 12335); STSJ Galicia de 7-12-2002 (JUR 2002, 24411); STSJ Castilla-La Mancha, de 21-6-2001 (JUR 2001, [90] Vid. STS 21-7-1997 (RJ 1997, 5939). [91] Medida que ya recoge el ar......
  • Solicita tu prueba para ver los resultados completos

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR