STSJ Galicia 105/2014, 26 de Febrero de 2014

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2014:1491
Número de Recurso15007/2014
ProcedimientoRECURSO DE APELACIóN
Número de Resolución105/2014
Fecha de Resolución26 de Febrero de 2014
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00105/2014

- N56820

N.I.G: 27028 45 3 2011 0000766

Procedimiento: RECURSO DE APELACION 0015007 /2014

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Juliana

Representación D./Dª. JESUS ANGEL SANCHEZ VILA

Contra D./Dª. CONCELLO DE LUGO (LUGO)

Representación D./Dª. ANTONIO PARDO FABEIRO

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

DOLORES RIVERA FRADE

MIGUEL HERNANDEZ SERNA

A CORUÑA, vinte e seis de febreiro de dous mil catorce.

No recurso de APELACIÓN que, co número 15007/2014, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Juliana, representado polo procurador Dº Sanchez Vila, dirixido polo letrado Dª Lopez Rubinos, contra a sentenza 122/2013 do xulgado do contencioso núm.2 de LUGO. É parte apelada o CONCELLO DE LUGO, representado polo procurador Sr. Pardo Fabeiro e asistido polo letrado dos servizos xurídicos.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO. - O Xulgado do contencioso núm.2 de Lugo ditou unha sentenza rexeitando o recurso contencioso administrativo contra o acordo de 06.06.2011 do TEAM de Lugo: responsabilidade subsidiaria nas débedas de FRIMIÑO SL.

SEGUNDO

Formulouse un recurso de apelación e déuselle traslado a outra parte, quedando o proceso rematado.

TERCEIRO

Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía EUROS 965.819,77 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O xulgado do contencioso núm.2 de Lugo ditou sentenza rexeitando o recurso contencioso ó entender acreditado que Doña. Juliana era a administradora " de feito " de FRIMIÑO SL e, en consecuencia, conformou a declaración de responsable subsidiario nas débedas reclamadas polo Concello de Lugo.

A apelante critica a sentenza xa que considera que non se proba a concorrencia dos requisitos para aplica-lo artigo 43.b LXT, que non está acreditado que fose a administradora de feito da sociedade, que a débeda está prescita e que no nestá motivada a liquidación.

O Concello de Lugo oponse o recurso.

SEGUNDO

Verbo da primeria cuestión; consta na providencia de 01.12.2009 (incoación do expediente de responsabilidade na administradora de feito ) que se dita con base no artigo 43.1.b Lei 58/2003, e outro tanto acontece co Decreto 176/2011 e coa resolución do TEAM.

O artigo 43.1.b Lei 58/2003 dispón que serán responsables subsidiarios das débedas: b) Os administradores de feito ou de dereito daquelas persoas xurídicas que cesasen nas súas actividades, polas obrigas tributarias percibidas destas que se encontren pendentes no momento do cesamento, sempre que non tivesen feito o necesario para o seu pagamento ou tiveren adoptado acordos ou tomado medidas causantes do non pagamento.

A apelante considera que o xulgador de instancia non analiza a concorrencia dos elementos que configuran este tipo senón que parece atende-la actuación da recorrente durante a vida da sociedade esquecendo que o relevante é o que acontece unha vez cesa na súa actividade.

Non deixa de ter certa razón no seu alegato - xa que non se fai un estudio polo miúdo da situación de cese de actividade ou da actuación da recorrente logo deste cesamento - se ben esto ten unha explicación: non era unha cuestión controvertida no procedemento; chega coa lectura da demanda e conclusións para advertir que mais aló dunha xenérica referencia á que non concorren os requisitos para deriva-la responsabilidade, o núcleo da oposición é nega-la condición de administrador de feito, a falta de motivación da liquidación e a prescrición.

En todo caso, a propia recorrente non cuestiona que ( se admitimos que é administradora de feito ) concorran os requisitos do artigo 43.1.b, tal e coma os interpreta a xurisprudenza.

Consonte recolle a STSX Cataluña 186/2012: O cesamento da actividade, presuposto da responsabilidade subsidiaria derivada no caso, ten un contido fáctico e non xurídico, debendo supoñer unha cesación completa e presumiblemente irreversible, sendo irrelevante a persistencia da personalidade xurídica por falta de disolución, liquidación e extinción e non requiríndose, dende logo, o sometemento a un procedemento concursal . E ou TSX Estremadura en sentenza 322/208: procede a aplicación do disposto no artigo 43.1 b) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeneral Tributaria, que declara responsables subsidiarios aos administradores de feito ou de dereito daquelas persoas xurídicas que cesasen nas súas actividades, polas obrigas tributarias percibidas destas que seencontren pendentes no momento do cesamento, sempre que non tivesen feito o necesario para o seu pagamento ou tiveren adoptado acordos ou tomado medidas causantes do non pagamento. Circunstancias que concorren no presente suposto de feito dende o momento que a administradora da sociedade nada fixo para regularizar a situación tributaria da persoa xurídica que deixou de ter actividade. A doutrina interpreta o precepto que nos ocupa no sentido de entender que comprende o cesamento de feito caracterizado pola falta completa ou practicamente completa de actividade social e que o suposto de responsabilidade que recolle o precepto se vincula á falta de dilixencia do administrador que omite o cumprimento que lle é debido para o aboamento das débedas tributarias pendentes facéndose partícipe coa sociedade do incumprimento da obriga tributaria. É suficiente con que a sociedade se encontre total ou practicamente inactiva de feito (cesase na súa actividade) e que o administrador nada fixese para poñer fin a esa situación, sen que este suposto de responsabilidade subsidiaria na forma en que se encontra redactado vincule o nacemento da responsabilidade coa existencia dalgunha das causas de disolución previstas na lexislación sobre sociedades. O artigo 43.1 b) da Lei Xeral Tributaria contempla un suposto de responsabilidade dos administradores máis amplo que o contido da lexislación mercantil, sen que necesariamente teña que concorrer unha causa taxada de disolución da sociedade de responsabilidade limitada para que se aplique a normativa tributaria. O precepto mencionado da LGT fai responsables aos administradores das obrigas tributarias que se encontren pendentes no momento do cesamento da actividade, e esixe unicamente que a entidade mercantil cesase na súa actividade sen determinar o motivo ou o prazo, polo tanto, será suficiente con que se probe que a sociedade se encontra de feito inactiva, o que aquí está debidamente probado pola Administración Tributaria á vista da fundamentación do Acordo de derivación, así como a responsabilidade de quen foi administradora durante o exercicio 2004 e nada realizou para proceder ao pagamento das débedas pendentes que se remontan aos exercicios 2002 e 2003, consentindo o cesamento absoluto da actividade empresarial e a imposibilidade de facer efectivo o crédito tributario pola inexistencia de bens e dereitos. Circunstancias, por outro lado, que imposibilitaban manifestamente a consecución do fin social.

No caso actual a sociedade FRIMIÑO SL era a concesionaria do matadoiro municipal de Lugo e o

30.11.2009 rescinde unilateralmente o contrato, deixando de presta-lo servizo; a última anotación no rexistro mercantil é de 17.10.2009: revogación do poder conferido a Dª Juliana ; antes desa data, o 18.01.2005 pecháranlle o rexistro por non deposita-las contas.

O 30.11.2009 declararon FALLIDO a Frimiño SL ó carecer de bens.

Destes datos - e da ausencia de calquera outra proba por parte da recorrente- resulta obrigado considerar que, alo menos dende o 30.11.2009 a sociedade carece de actividade, que deixou unha débeda de 965.819,77 euros e que a administración da sociedade non adoptou acordos dirixidos ó pagamento ou a regulariza-la situación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR