STSJ Galicia 124/2012, 27 de Febrero de 2012

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2012:1717
Número de Recurso15462/2011
ProcedimientoPROCEDIMIENTO ORDINARIO
Número de Resolución124/2012
Fecha de Resolución27 de Febrero de 2012
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00124/2012

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDEMENTO ORDINARIO núm. 15462/2011

RECORRENTE: Dº Jose Pablo

ADMINISTRACION DEMANDADA: TEAR/AEAT

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, de vintesete de febreiro de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15462/2011, pende de resolución ante esta Sala, interposto por Dº Jose Pablo, representado polo procurador Dº Amenedo Martínez, dirixido polo letrado Dº. Cao Mendez, contra o acordo de 224.03.2011 do TEAR . É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo letrado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO

Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver. CUARTO. - Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 3.000 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 24.03.2011 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do IVE ano 2007: non lle admiten a deducción do IVE de facturas de obras e bens relativas á oficina da r/Cardenal Quevedo núm.20.1.

SEGUNDO

O recorrente sostén que está plenamente acreditada a realización das obras coa documental xuntada ó expediente, e que as facturas reflicten polo miudo as obras realizadas; polo demais, a liquidación debe anularse o facer una liquidación anual e non trimestral.

O letrado do Estado opón que falarmos de documentos privados que non acreditan debidamente a realización da obras, e que a liquidación anual non lle causa indefensión ( e lle resulta mais favorable ).

A documental xuntada ós autos consiste en: a) xustificante de transferencia bancaria a prol de CAUNER PATRIMONIAL SL por aluguer de piso por importe de 779 euros o 13.02.2004, b) contrato privado con DIRECCION000 C.B. para realización de obra civil, instalación eléctrica y mobiliario para remodelación de oficina situada na r/Cardenal Quevedo núm.20-1º por importe de 166.844,90 euros ( IVE incluido ) c) tres certificacións ( con data do ano 2009 ): 1.- de REBOREDO SL - o 14.12.2004 fixo reformas de electricidade na oficina-, 2.-de EQUIPAMENTOS CAVADO - o 16.12.2004 transportou e entregou mobiliario para remodelación da oficina-, e 3.-de CAUNER PATRIMONIAL SL- en novembro de 2004 autorizou a realización de obras de remodelación da oficina, e d) certificado do IAE: está de alata no epígrafe 799 dende o 01.01.1992 na r/ cardenal Quevedo 20 de Ourense.

Compre indicar que segundo recolle o folio 4 do expediente, o Don. Jose Pablo é titular do 50% da comunidade DIRECCION000 C.B. (que é quen, aparentemente, realiza as obras). O enderezo desta C.B...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR