STSJ Galicia , 31 de Enero de 2003

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2003:527
Número de Recurso4155/1998
ProcedimientoCONTENCIOSO
Fecha de Resolución31 de Enero de 2003
EmisorSala de lo Contencioso

Recurso núm. 02/0004155/19980 NO NOME DE EL-REI A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou a SENTENCIA Núm. 93 ILTMO. SRES.

D. CARLOS LÓPEZ KELLER D. MANUEL CONDE NUÑEZ D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA A Coruña, 31 de Xaneiro de 2003.

o proceso contencioso-administrativo núm. 02/0004155/19980, pendiente da resolución nesta sala, presentouno D/Dª Marina e Dª Soledad coa representación do procurador Sr. Pardo fabeiro e coa asistencia do letrado Sr/a González Madriñan contra á resolución do Concello de Silleda; é parte demandada o Concello de Silleda, coa representación do procurador. Sr. Garrido Pardo e coa asistencia do letrado Sr. Crusat López e D. Jose Luis , coa representación do procurador Sr. Penas Francos e coa asistencia do letrado Sr. Lorenzo Torres.

A contía do recurso é indeterminada.

ANTECEDENTES DE FEITO PRIMEIRO.- Despois de ser admitido a trámite o recurso e tras practica- las dilixencias oportunas, a parte recorrente formalizou a demanda; onde alegaba o que consideraba pertinente e rematou coa solicitude de que se dictase sentencia na que se estimase o recurso.

SEGUNDO

Déuselle conta á parte demandada, quen a contestou en tempo e forma, para alega-lo o que considerou oportuno e rematou coa súplica de que fora desbotado o recurso.

TERCEIRO

Tralo tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse a votación e o acordo o día. 24-1-03

CUARTO

Os trámites e mailas formalidades legais foron cumpridas.

VISTO: É relator o Iltmo maxistrado FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente, o 03.05.1995 o Sr. Jose Luis presentou un escrito no Concello de Silleda no que indicaba que o camiño de acceso as súas fincas NUM000 e NUM001 , e que daba acceso tamén á finca NUM002 non era necesario (contaban con outros accesos) e solicitaba a súa desafectación. Achegaba diversos títulos de propiedade e consta un informe pericial de 06.11.1995.

A comisión de goberno o 03.02.1996 acordou inicia-lo expediente, cousa que se realiza por Decreto de 03.06.1996 do Excmo. Alcalde. O informe do arquitecto técnico Sr, Gustavo avalía o terreo en 208.725 PTA. O pleno de 05.05.1997 aproba esta taxación e acorda a alleamento. Publicáronse edictos (entre o 16.05 e 02.06.1997) e notificaron persoalmente ós propietarios afectados (o 19.05.1997).

Amosaron a súa desconformidade Dª Marina e D. Jose Augusto .

Concedéronlle o prazo dun mes a Sra. Marina para facer alegacións e presentounas ratificando a súa oposición.

O pleno do Concello, o 16.10.1998 acordou presta-la aprobación á desafectación do camiño.

O recurso basease na: a) desviación de poder, b) ausencia de motivación e c) defectos de procedemento.

Os dous primeiros motivos teñen unha intima relación, xa que o recorrente considera que non se cumpren os requisitos do artigo 8 do RD 1372/1986 (razóns de oportunidade e legalidade) e que o Concello actúa só en interese dun particular.

O concello sostén a legalidade da súa decisión, e idéntica postura mantén o codemandado.

Para resolve-la controversia compre subliñar que a situación das fincas NUM000 NUM001 (Do Sr. Jose Luis) e da finca NUM002 (das recorrentes) non é a que resulta dos planos de concentración parcelaria (folio 7 do expediente) senón que resultaron afectadas polas expropiácións para construí-la estrada de Silleda a Vila de Cruces e na situación actual (folio 29) tanto a finca NUM000 como a NUM002 están atravesadas por esta estrada, polo que contan cun acceso directo (o plano do folio 29 é suficientemente expresivo).

SEGUNDO

O artigo 81 LRBRL e 8 RBCL establecen que a alteración da cualificación xurídica dos bens das entidades locais require un expediente no que se acredite a súa oportunidade e legalidade, e como sinala a STS 26.02.2001 Es cierto que la discrecionalidad administrativa no puede ser objeto de revisión en sede jurisdiccional con base en consideraciones o motivos de la mayor o menor conveniencia u oportunidad. Como ha tenido ocasión de señalar esta Sala el control judicial de la actuación administrativa es de legalidad plena, como resulta de los arts. 24.1 y 106 CE, EDL 1978/3879 extendiéndose respecto de la discrecionalidad sólo hasta donde lo permite el contraste con el ordenamiento jurídico a través de las...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR